PC (Linux) · 2026
Crisol: Theater of Idols
O terror de Hispania, en galego: textos, menús, o logotipo e, se queres, tamén as voces.
Unha persoa xogouna coa tradución e a dobraxe postas, sen atopar textos rotos nin letras raras.
Probada o 08/11/2026
Capturas







Sobre a tradución
Crisol: Theater of Idols é un xogo de acción e terror en primeira persoa ambientado en Hispania, unha versión retorcida de España. Es Gabriel, un soldado que usa o seu propio sangue como munición, e tes que abrirte camiño por Tormentosa.
Hai dous paquetes. O con dobraxe pon en galego os textos, os menús e o logotipo e, ademais, todas as voces: cada personaxe fala coa súa propia voz galega, feita con IA, e as frases axustáronse unha a unha para que caian onde se moven as bocas dos personaxes. O de só textos fai o mesmo pero deixa as voces como no xogo, en inglés ou en castelán.
Que está traducido
- As voces, no paquete con dobraxe: unha dobraxe completa feita con IA, na que cada personaxe fala coa súa voz e as frases van ao ritmo das bocas
- Todos os diálogos e subtítulos
- Os menús, as opcións, a dificultade e os consellos
- Os documentos, o diario e os obxectos
- O logotipo do menú principal, «Teatro de Ídolos», feito coas letras do orixinal
- No menú de idioma, «Galego» onde antes poñía «Español»
Que queda en castelán
- Os carteis e letreiros debuxados no escenario e a cita de Calderón do comezo, que quedan en castelán. Os carteis, ao miralos, levan o seu subtítulo en galego
Como se instala
Linux- Escolle un dos dous paquetes, con dobraxe ou só textos, e descomprímeo onde queiras.
- Pecha o xogo.
- Fai dobre clic en
instalar.sh(se pregunta que facer, escolle Executar). Ábrese unha xanela de terminal onde só tes que ir respondendo: busca o xogo el só (Steam, Heroic, Lutris, Bottles, Wine, ~/Games…) e pregúntache en cal das copias o pon; escribe o número e preme Intro. Se o tes noutro sitio, escolle «0» e indícalle a carpeta do xogo; vale tamén unha que a conteña, como o disco onde o gardas. - Abre o xogo e, en Opcións > Idioma, escolle Galego en Idioma de visualización. Co paquete con dobraxe, escolle tamén Galego en Idioma das voces.
- Para volver ao castelán: dobre clic en
desinstalar.sh.
O galego ocupa o sitio do castelán: no menú de idioma, todo o que era «Español» pasa a chamarse «Galego». Por iso, co paquete só con textos, «Galego» en Idioma das voces son as voces castelás de sempre (as inglesas seguen como estaban). Para cambiar dun paquete ao outro, instala o novo por riba. Tamén se pode poñer a man: copia os tres ficheiros da carpeta datos en CRToiPrototype/Content/Paks, dentro da carpeta do xogo. Se o dobre clic abre o texto do ficheiro en vez de executalo (pasa en GNOME), fai clic dereito nel e escolle executalo como programa, ou abre unha terminal na carpeta e escribe bash instalar.sh.
Xogáchela enteira?
Axuda a probalaSe rematas o xogo con esta tradución, avísanos: así sabemos que se xogou de principio a fin e onde, e a ficha pode levar o selo «probada por humanos».
Comentarios
Para comentar precísase unha conta de GitHub (é de balde). Os comentarios gárdanse no foro do proxecto.