PC (Linux) · 2007
Penumbra: Overture
Terror nunha mina de Groenlandia, en galego: textos, carteis, mapas e, se queres, tamén as voces.
Está traducida enteira. Comprobouse que o xogo arranca, que a intro e o comezo saen en galego (tamén coa dobraxe) e que garda as partidas, pero aínda a estamos xogando e ninguén chegou ao final.
Antes e despois
Orixinal
Galego
Orixinal
Galego
Orixinal
Galego
Orixinal
Galego
Orixinal
Galego
Arrastra a liña para comparar. Son as texturas do xogo: a orixinal e a que pon o parche.
Capturas
Sobre a tradución
Penumbra: Overture é o primeiro capítulo da serie de terror de Frictional Games, os de Amnesia. Philip recibe unha carta do seu pai, dado por morto hai trinta anos, e a pista lévao a unha mina abandonada baixo o xeo de Groenlandia. Alí abaixo só ten a lanterna, o que atopa polo camiño e unha voz na radio: Red.
Hai dous paquetes. O de só textos pon en galego todo o que se le e deixa as voces orixinais en inglés. O con dobraxe fai o mesmo e, ademais, Philip e Red falan en galego. As voces fixéronse con intelixencia artificial, escoitáronse unha a unha cun recoñecedor de voz para comprobar que se entende todo e que soan a galego, e as de Red levan o mesmo son de radio ca as orixinais.
A intro do xogo ten os tempos fixos e en galego tres frases non collían, así que na dobraxe van algo máis curtas, e os subtítulos dese paquete din o mesmo ca a voz. No de só textos, os subtítulos da intro son os enteiros.
Os carteis e os mapas da mina tamén están en galego: bórrase o texto inglés da textura e escríbese o galego cunha letra parecida á orixinal.
Que está traducido
- Todos os textos: menús, opcións, notas, diarios, descricións dos obxectos, as mensaxes de Red pola radio, a intro e as pantallas de carga
- Os carteis, os mapas das minas e o botón de ignición: 44 texturas co inglés borrado e o galego escrito cunha letra parecida á orixinal
- Co paquete da dobraxe, as voces: Philip na intro e as 43 mensaxes de radio de Red
Que queda en inglés
- No paquete de só textos, as voces quedan en inglés, cos subtítulos en galego
- Os berros de Red no incinerador: non teñen texto e quedan os orixinais tamén na dobraxe
Como se instala
Linux- Escolle un dos dous paquetes, con dobraxe ou só textos, e descomprímeo onde queiras.
- Pecha o xogo.
- Fai dobre clic en
instalar.sh(se pregunta que facer, escolle Executar). Ábrese unha xanela de terminal onde só tes que ir respondendo: busca Penumbra: Overture el só (Steam, Heroic, Lutris, Bottles, Wine…) e pregúntache en cal das copias o pon; escribe o número e preme Intro. Se o tes noutro sitio, escolle «0» e indícalle a carpeta; vale tamén unha que a conteña, como o disco onde o gardas. - Abre o xogo: xa sae en galego. Se non, escolle Galego en Opcións > Xogo > Idioma.
- Para volver ao inglés: dobre clic en
desinstalar.sh.
O instalador arranxa tamén un fallo do propio xogo en Linux: tal como o abre Steam, pecha de súpeto ao gardar unha partida cun nome con til ou ao premer teclas coma «º». Se o xogo se actualiza ou se verifica e volve o inglés, abonda con executar outra vez instalar.sh. Para cambiar dun paquete ao outro, instala o novo por riba. Coa versión de Windows o idioma escóllese a man no menú e, antes de desinstalar, hai que volver poñer English nese mesmo menú. Tamén se pode poñer a man: copia o contido da carpeta datos dentro da do xogo e escolle Galego no menú; coa versión de Steam para Linux, mellor co instalador, que arranxa o lanzador. Se o dobre clic abre o texto do ficheiro en vez de executalo (pasa en GNOME), fai clic dereito nel e escolle executalo como programa, ou abre unha terminal na carpeta e escribe bash instalar.sh.
Xogáchela enteira?
Axuda a probalaSe rematas o xogo con esta tradución, avísanos: así sabemos que se xogou de principio a fin e onde, e a ficha pode levar o selo «probada por humanos».
Comentarios
Para comentar precísase unha conta de GitHub (é de balde). Os comentarios gárdanse no foro do proxecto.


